A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, ofrece o servizo ‘Empleabilízate 2.0’ a través do Programa de Atención Social e Asesoramento Especializado dirixido a mulleres con discapacidade residentes nos concellos de Ourense, O Carballiño e Lalín.
A través de itinerarios personalizados, este servizo promove a adquisición e mellora de habilidades sociais, formativas e prelaborais a través do manexo das TIC orientadas ao emprego, á realización de trámites administrativos e sanitarios e á toma de consciencia da violencia dixital, entre outros.
Prevese a participación de 11 mulleres con discapacidade neste programa que está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, máis coñecida por X Solidaria.
En edicións pasadas, neste programa participaron un total de 32 mulleres con discapacidade da provincia de A Coruña ás que se lle dotou de coñecementos básicos sobre TIC para incrementar a súa empregabilidade e seguridade dixital.