• Novas
  • 27 de septiembre de 2018

Un proxecto de promoción da autonomía persoal desenvolvido por Misela beneficia a máis de trinta persoas con discapacidade

Un proxecto de promoción da autonomía persoal desenvolvido por Misela beneficia a máis de trinta persoas con discapacidade

Durante os anos 2017 e 2018, a asociación Misela desenvolveu un proxecto de Promoción da Autonomía Persoal co fin de favorecer a funcionalidade e autonomía de persoas usuarias do servizo a través dunha atención especializada dirixida a persoas con discapacidade e ás súas familias. 

Un total de 32 persoas e familias das comarcas de Noia e Muros foron beneficiarias deste proxecto que financiou Obra Social “la Caixa” cunha subvención de 24.000 euros procedente das axudas da convocatoria 2017 de Proxectos de Iniciativas Sociais.

A través deste programa, a Asociación Misela ofrece atención individualizada de fisioterapia, terapia ocupacional e atención psicolóxica a persoas con discapacidade usuarias da entidade. O obxectivo do proxecto de Promoción da Autonomía Persoal é previr a aparición ou agravamento de enfermidades ou discapacidades, así como desenvolver a máxima autonomía e contribuír a unha extensa inclusión e participación das persoas en situación de dependencia.