• Novas
  • 12 de diciembre de 2018

Vela adaptada, tenis e equitación, tres actividades englobadas no proxecto multideportivo que desenvolve COGAMI

Vela adaptada, tenis e equitación, tres actividades englobadas no proxecto multideportivo que desenvolve COGAMI


COGAMI desenvolve en A Coruña un proxecto multideportivo no que, as nosas persoas usuarias que o desexen, poderán practicar equitación, tenis e vela adaptada.

Este proxecto está cofinanciado polo Concello de A Coruña, a través da convocatoria de subvencións para a promoción e o fomento do deporte, tendo por finalidade ofrecer oportunidade de achegarse ao mundo do deporte de forma recreativa ás persoas con discapacidade.

O tenis adaptado é a primeira actividade que se desenvolveu dentro do proxecto nas instalacións de Escola de tenis Marineda en Cambre, durante os días 11 e 12 de decembro.

A seguinte actividade que se vai desenvolver vai ser a de equitación adaptada nas instalacións da Real Sociedad Deportiva Hípica de A Coruña en Morás, no concello de Arteixo, que contará con catro quendas de participación.

¡A actividade de vela adaptada xa se desenvolveu durante a época de verán, do 29 de xuño ao 1 de xullo, onde participaron 28 persoas.

Todas estas actividades deportivas van contar con monitores cualificados e certificados, persoal de apoio e acompañamento, cabalos especialmente adestrados, instalacións accesibles e transporte adaptado.