• Novas
  • 08 de noviembre de 2021

Vilagarcía únese para visibilizar o cancro de próstata e de testículo a través do movemento Movember

Vilagarcía únese para visibilizar o cancro de próstata e de testículo a través do movemento Movember

 


Durante este mes de novembro, a Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL), xunto coa Farmacia Rolán e a Barbería Mike Hair Studio, únense ao movemento internacional Movember, co fin de darlle visibilidade ao cancro de próstata e de testículo, así como á saúde mental dos homes.

Estímase que un de cada oito homes terá cancro de próstata, unha das tipoloxías máis comúns nos homes, superando os máis de 1,4 millóns de casos rexistrados cada ano en todo o mundo, mentres que o de testículos resulta acadar un 95% de resultados positivos tras ser tratado cos tratamentos axeitados. Pero estes tratamentos de curación poden dar lugar a secuelas importantes na saúde física e mental dos homes e nenos, chegando incluso a afectarlles gravemente. Por iso, este ano ponse o foco na importancia que é previr e pedir axuda cando sexa necesario.

Durante este mes están programados diferentes obradoiros de sensibilización e información nos que se falará con profesionais de ámbitos especializados. Entre os días 8 e 20 do mes de novembro están programados diversos obradoiros de concienciación como o de Prevención de Saúde Mental nos Homes; outro de uroloxía, onde participará o xefe de Servizo de Uroloxía da Área Sanitaria de Santiago - Barbanza, Camilo García Freire; un obradoiro de derma a cargo do equipo profesional da Farmacia Rolán que leva por título “Coidando o teu día a día. Ti eres o teu maior tesouro” e para finalizar, a traballadora social de AGL, María Araujo falando de “Vivir con linfedema tralo cancro”.

Outra das actividades programadas lévase a cabo na farmacia Rolán. Ao longo deste mes realizará un cuestionario (IPSS) a todos os varóns maiores de  50 anos para facer unha valoración da súa saúde prostática, con derivacións ao médico segundo a puntuación obtida na consulta farmacéutica.

Para a data de 20 de novembro está programado un concerto solidiario a cargo de Duendeneta e que conta coa colaboración desinteresada de diferentes locais e comercios do concello de Vilagarcía de Arousa. No evento instalarase un photocall para que as persoas que se presten, poidan sacar unha foto cun bigote e subilas ás redes acompañadas do hashtag #vgaMovember e entrarán nun sorteo de agasallos facilitados polos comercios da vila. Para as persoas que non poidan asistir este día, poderán subir as súas fotos con bigotes á páxina de Instagram vgaMovembrer, acompañadas do hashtag #vgaMovember.

Entidades solidarias confirmadas ata agora: La Duendeneta, Tenda de roupa Madison Av., Marca de camisetas Leg3nd Style, Marca de camisetas Inconcept, Retro Rocket Vintage shop, Café bar Miúdo, Café Bar Diurno, Café Bar Trastero, Bañosprint Servicios de Impresión.