A Asociación Nacional de Amputados (ANDADE) desenvolve dende o ano 2016 un servizo de Apoio Itinerante dirixido a promocionar a autonomía persoal das persoas con amputacións que puxo en marcha un programa integrado e especializado en fisioterapia para persoas amputadas.
Financiado pola Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, durante o ano 2020 desenvolveuse en 11 clínicas localizadas en distintos concellos galegos, co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Foron 25 persoas as beneficiarias deste programa que se desenvolveu en clínicas dos concellos de: A Coruña, Sada, Lugo, Rábade, Chantada, Ribadeo, Viveiro, Vigo, Santiago e O Porriño.
O número de intervencións por persoa variou segundo o grao de necesidade de axuda de cada unha delas, realizando un total de 240 intervencións de fisioterapia especializada que ofrece ferramentas para proporcionar o freo ao agravamento da enfermidade, logrando reducir os seus efectos incapacitantes, favorecendo a autonomía persoal, as posibilidades de integración socio-laboral e, en definitiva, logrando mellorar a calidade de vida das persoas que teñen unha amputación.