Despois de cinco meses, o programa de fisioterapia aplicada á mellora da psicomotricidade que a Federación COGAMI Pontevedra organizou chegou ao seu fin cuns resultados moi positivos para as 29 persoas de Vigo e arredores que formaron parte do programa.
Financiado polo concello de Vigo con cargo ás subvencións de Servizos Sociais do ano 2017, este programa ofreceu fisioterapia manual e natación terapéutica, conseguindo nas persoas usuarias unha redución das dificultades respiratorias, mellora do equilibrio e da lateralidade corporal, ademais da orientación espacial, a diminución da espasticidade e fomento das relacións interpersoais.
O programa de fisioterapia inicio o 1 de maio no servizo de fisioterapia que COGAMI ten en Vigo e contou cun financiamento de 1.420,64 euros.