Cunha ocupación do 95% foi a alta demanda durante o ano 2022 que rexistraron os dos pisos que a asociación Asotrame dispón para as familias de pacientes de oncoloxía que reciben tratamento hospitalario en A Coruña e Santiago ou ás familias e acompañantes de pacientes ingresados.
Un total de 20 familias puideron facer uso destas vivendas temporais que a Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea ofrece a pacientes oncolóxicos e familiares de xeito gratuíto ao ser financiados a través dos fondos do 0,7% do IRPF, daquelas persoas que marcaron o recadro 106 destinado a entidades sociais coñecido pola X Solidaria e que xestiona a Xunta.
Unha das vivendas, situada no Barrio das Flores de A Coruña, pasaron por ela 12 familias mentres que a de Santiago, situada na zona de Pontepedriña, durmiron 8 familias, sendo un total de 42 persoas as que se beneficiaron directamente deste recurso. A través deste programa que desenvolve Asotrame, ofrécese unha solución para as familias que poden contar cun espazo para asearse e descansar evitando desprazamentos ou gastos extras que ás veces élles complicado asumir.