O Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO) continúa desenvolvendo o seu programa de rehabilitación integral e que financia a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas contribuíntes que marcaron o recadro Actividades de interese xeral consideradas de interese social ao realizar a declaración da renda e que xestiona a Xunta de Galicia.
Un total de 75 persoas puideron recibir rehabilitación a través deste programa e acadar unha mellora da autonomía persoal e independencia, tras seren atendidas a través dos servizos de Traballo Social, Fisioterapia e Terapia Ocupacional. Estes tres servizos contan cunha coordinación e comunicación continua entre profesionais e persoas beneficiarias, baseándose nun modelo de atención centrado na persoa.
Para poder levar a cabo este programa de rehabilitación, GRUMICO contou cun orzamento de 14.000 euros procedentes da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia que veñen derivadas das persoas que marcan a X Solidaria cando fan a declaración da renda.