Xornadas deportivas para conmemorar o día da Fundación Decathlon
  • Novas
  • 11 de junio de 2021

Xornadas deportivas para conmemorar o día da Fundación Decathlon

Como xa viña sendo habitual dende hai sete anos, salvo no de 2020 porque a pandemia obrigou a suspendela, persoas voluntarias do centro de traballo que Decathlon ten en Santiago de Compostela, celebraron o Día da Fundación compartindo a xornada con COGAMI e as súas entidades membro.

Se noutras ocasións eran as entidades as que se desprazaban ata as instalacións desta marca comercial, durante esta xornada foron as persoas voluntarias da fundación as que se dirixiron ata as instalacións das entidades Misela de Noia, AVANTE en Val do Dubra e ADISBISMUR en Muros.

Entre as actividades desenvolvidas houbo sesións de zumba nas que participaron un total de 81 persoas usuarias dos tres centros e 22 persoas de apoio.