• Novas
  • 26 de octubre de 2022

Xuntanza de COGAMI co Presidente da Xunta para presentarlle as necesidades das persoas con discapacidade

Xuntanza de COGAMI co Presidente da Xunta para presentarlle as necesidades das persoas con discapacidade

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, acompañado do vicepresidente, Ramón Sestayo, e do secretario xeral, Víctor Silva, asistiron a unha xuntanza co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para achegarlle as necesidades que ten o grupo social das persoas con discapacidade.

No encontro, Alfonso Rueda trasladoulle a COGAMI a inquedanza do Goberno galego polo benestar das súas persoas usuarias, segundo dixo “porque se estamos a vivir tempos difíciles para todos, máis aínda para as persoas que teñen algún tipo de limitación física”. Por iso, garantiu o apoio da Xunta nos proxectos que ten en marcha COGAMI no seu obxectivo de lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.

Esta foi a primeira xuntanza mantida co Presidente da Xunta dende que tomou posesión do cargo e na que lle informaron dos logros e tamén dos proxectos que está encamiñando a Confederación.