• Novas
  • 18 de enero de 2021

Xuntanza de COGAMI coa Conselleira de Emprego para abordar actuacións de fomento do emprego inclusivo

Xuntanza de COGAMI coa Conselleira de Emprego para abordar actuacións de fomento do emprego inclusivo

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e mailo membro da xunta directiva, Ignacio Rodríguez, mantiveron unha xuntanza coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na que puxeron en valor as liñas de traballo a prol do emprego inclusivo para o exercicio deste ano.

Durante a xuntanza, a Conselleira de Emprego expresou que a promoción do emprego das persoas con discapacidade está no centro das políticas de emprego e formación deseñadas para este ano polo seu departamento, incrementando o orzamento nun 11% con respecto ao ano anterior, segundo a Xunta.

Para este ano expresan que manterán programas de axuda á creación e mantemento de postos de traballo en centros especiais de emprego e empresas de inserción, o programa piloto de formación dual para persoas con discapacidade intelectual ou a nova liña de axudas para o reequilibrio financeiro de centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción, dirixido a garantir a viabilidade destas empresas, entre outros, espérase beneficiar de xeito directo a 130 empresas que dan traballo a máis de 3.600 persoas.