COMBINA SOCIAL

COMBINA SOCIAL

Combina somos un Centro Especial de Emprego creado por COGAMI para demostrar as CAPACIDADES dos e das profesionais con discapacidade. A nosa actividade principal é a organización e xestión de servizos auxiliares para empresas socialmente responsables.

Aportamos solucións rápidas ás necesidades de externalización dun entorno empresarial en constante cambio e renovación. Contamos cunha ampla estrutura e unha completa gama de servizos que permiten externalizar con éxito aquelas actividades que non están directamente relacionadas coa esencia da túa actividade empresarial. Deste xeito podes centrarte nas túas capacidades estratéxicas e na busca de novas oportunidades de negocio.

Temos como obxecto social a inserción laboral de persoas con discapacidade a través da organización, realización e xestión dos diferentes servizos nos que somos especialistas. Actualmente o 92% do noso cadro de persoal está formado por persoas con discapacidade.

Visita a web de Combina Social