Accións formativas con realización de prácticas en empresa que respondan ás necesidades do mercado de traballo

Accións formativas con realización de prácticas en empresa que respondan ás necesidades do mercado de traballo

      

Orzamento: 24.060,06 euros

Achega concedida: 20.451,05 euros

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES), en concreto no seu obxectivo temático operativo 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.

Resumo do proxecto: desenvolvemento de dúas accións formativas impartidas por empresas potencialmente empregadoras, realización de prácticas e competencias transversais para o emprego. Unha vez finalicen as accións formativas, estas reforzaranse cun fortalecemento da prospección do emprego neste ámbito para tratar de acadar un 50% de insercións laborais.