Co fin de favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional, COGAMI colabora nun programa pioneiro da Xunta de Galicia que leva por nome Xuventude Mentoring destinado á mocidade titulada e inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil, a través deste programa foron mentorizados dous estudantes que puideron ampliar os seus coñecementos nos ámbitos sociosanitario e social, como compromiso de colaboración da nosa Organización na formación de futuros profesionais.