A Confederación Empresarial da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do ‘Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social’ do Fondo Social Europeo (FSE) 2014-2020, lanzou en xuño do 2020 dúas convocatorias de subvención.
COGAMI, co obxectivo de consolidar empresas de economía social e o mantemento do emprego para persoas con discapacidade, presentou dos proxectos que resultaron financiados.
Proxecto “Unidade Valor Social”
Desenvolvido en colaboración con Galega de Economía Social, ten por obxecto a mellora da competitividade e medidas de consolidación empresarial dos centros especiais de emprego de iniciativa social e outras entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade.
Ponse en marcha un servizo de asesoramento a entidades da economía social para a implantación e o desenvolvemento de instrumentos e ferramentas de información, visibilización, xestión e mellora do valor social xerado, para facilitar a toma de decisións consciente e que promova o desenvolvemento de plans de empresa que persigan o mantemento do maior número de postos de traballo co maior impacto social no seu ámbito de actuación.
Serán beneficiarias deste proxecto 15 entidades e centros especiais de emprego de iniciativa social, as cales analizarán os seu valor social, base sobre a cal serán deseñados os plans de empresa para o mantemento do maior número de postos de traballo.
Período de execución: agosto 2021- agosto 2023
Orzamento total do proxecto: 156.023,45€
Importe da subvención: 124.818,76€
Proxecto `Creación dunha unidade de axuste persoal e social para a incorporación e/ou permanencia no emprego de traballadores e traballadoras con discapacidade´
Ten como finalidade fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo de persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción, a través da posta en marcha dunha unidade de axuste persoal e social que será responsable do desenvolvemento de 10 plans de traballo con empresas/entidades da economía social e de 100 itinerarios de inclusión sociolaboral.
Período de execución: agosto 2021- agosto 2023
Orzamento total do proxecto: 156.222,78€
Importe da subvención: 124.972,22€