Easy Gardening. 2021-1-ES01-KA220-VET-000033135
Importe da subvención: 189.005 €
Entidades executantes:
Líder do proxecto: COGAMI
Socios:
ARCIL-Portugal
Ed-Consult- Dinamarca
Facultade de Agricultura da Universidade de Zagreb-Croacia
MARGARITA-Grecia
Organization Earth-Grecia
Período de execución: febreiro 2022-febreiro 2024
WEB do proxecto: www.easygardening.eu
O Proxecto Easy Gardening, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+, ten como obxectivo contribuír á participación social das persoas con discapacidade mellorando a súa formación profesional para a consecución de emprego.
Con socios de Croacia, Dinamarca, Grecia, Portugal e España, busca mellorar a formación de formadores que traballan con persoas con discapacidade no ámbito da xardinería e a agricultura, proporcionándolles recursos adaptados, para que dita formación teña un impacto na empregabilidade do colectivo de persoas con discapacidade.
O mercado laboral actual significa que moitos dos nosos estudantes con discapacidade atópanse con procesos de contratación canto menos complicados. En España, o número de contratos que asinan as persoas con discapacidade non acada o 2% do total, cunha taxa de emprego do 26% fronte á taxa de emprego das persoas sen discapacidade que é do 69% (datos do 2021)
O fomento da formación profesional e a mentalidade emprendedora no marco do noso proxecto tratou de ofrecer a oportunidade de desenvolver novas formas de emprego ou autoemprego no ámbito da agricultura para o colectivo das persoas con discapacidade, especialmente, para as persoas con discapacidade intelectual.
Os principais obxectivos operativos de Easy-Gardening incluían o deseño de materiais, ferramentas e recursos para estudantes con discapacidade intelectual, así como para profesores, persoal formador, mentores, formadores, responsables de centros de FP e responsables políticos, fomentando a alfabetización emocional e as habilidades STEAM desenvolvidas en actividades ao aire libre.
Así, desenvolvemos un manual de capacitación en xardinería/agricultura en formato accesible; un manual de formación para formadores en xardinería, inspirado en prácticas accesibles e prácticas inclusivas; a preparación, implementación e avaliación dun curso de formación para formadores en xardinería de acordo con o Deseño Universal para a Aprendizaxe a provisión dunha plataforma para a formación de formadores. un xogo para explorar os principios e prácticas fundamentais da xardinería e a agricultura sostibles.
Todos estes resultados foron publicados en formato dixital, en todos os idiomas dos socios xunto ao inglés e baixo licenzas abertas. Poden descargalos en: www.easygardening.eu