Formación habilidades para o emprego: Convocatoria 2017-2018

Formación habilidades para o emprego: Convocatoria 2017-2018

     

Axuda concedida 106.980,05€

PROXECTO Nº1: FORMACIÓN EN HABILIDADES PARA O EMPREGO. PROVINCIA DE A CORUÑA

Obxectivo: Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con Discapacidade maiores de idade residentes na provincia da Coruña co obxecto de mellorar  a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades socio laborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias.

As accións formativas contempladas neste proxecto inclúen unha carga horaria relevante de formación práctica no que podería ser un futuro posto de traballo das persoas participantes.

De xeito concreto, desenvolveranse as seguintes accións formativas:

Xestión de almacén, con prácticas en empresas, en Ferrol.


Persoal de Limpeza, con prácticas en empresas, en Ferrol.


Xestión de almacén, con prácticas en empresas, na comarca do Barbanza.

Persoal de limpeza, con prácticas en empresas, en Santiago de Compostela.
Xestión de almacén, con prácticas en empresas, en Santiago de Compostela.

Persoal de Limpeza, con prácticas en empresas, en A Coruña.

Deseño e seguimento de itinerarios formativos individuais.

PROXECTO Nº2: FORMACIÓN EN HABILIDADES PARA O EMPREGO. PROVINCIAS DE OURENSE, PONTEVEDRA E LUGO

Obxectivo: Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con Discapacidade maiores de idade residentes nas provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo co obxecto de mellorar  a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades socio laborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias.

As accións formativas contempladas neste proxecto inclúen unha carga horaria relevante de formación práctica no que podería ser un futuro posto de traballo das persoas participantes.

De xeito concreto, desenvolveranse as seguintes accións formativas:

Loxistica 2.0, con prácticas en empresas, en Mos.

Auxiliar de servizos, con prácticas en empresas, en Vigo.


Informática Básica, en Vilagarcía.
Informática Básica, en Silleda.
Operador de ordenadores, en Verín.

Informática Básica, en Xove.
Informática Básica, en Monforte de Lemos.

Deseño e seguimento de itinerarios formativos individuais.

PROXECTO Nº3: FORMACIÓN PRELABORAL NO MEDIO RURAL

Obxectivo: Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con Discapacidade maiores de idade residentes no rural galego co obxecto de mellorar  a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades socio laborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e sociais das persoas beneficiarias.

De xeito concreto, desenvolveranse as seguintes accións formativas:

Obradoiro de coiro en Cuntis.

Informática e técnicas de desenvolvemento autónomo en Xove.

Habilidades sociais e autocoidado en Xove
.

Inglés en Barco de Valdeorras
Cociña en Barco de Valdeorras.


Deseño e seguimento de itinerarios formativos individuais (todas as localidades).

PROXECTO Nº4: FORMACIÓN HABILIDADES SOCIOLABORAIS CORUÑA NORTE

Obxectivo: Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con discapacidade maiores de idade residentes na comarca de Ferrolterra e da Coruña co obxecto de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades sociolaborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e socias das persoas beneficiarias.

De xeito concreto, desenvolveranse os seguintes obradoiros prelaborais:

No Centro de COGAMI en Ferrol:

Obradoiro prelaboral para a adquisición de habilidades sociolaborais: Competencias Clave. Destinado a proporcionar coñecementos e habilidades xerais que melloren a empregabilidade das persoas con discapacidade. Dirixidos a persoas que necesiten unha capacitación e/ou reforzo de coñecementos culturais básicos para atopar un oco no mundo laboral e aínda que a súa discapacidade non é un obstáculo para realizar moitas labores, lles faltan habilidades ou coñecementos para a orientación autónoma da tarefa.

Obradoiro prelaboral de creación artística cuxa finalidade de integrar ó alumnado no mercado laboral ou nalgún Centro Especial de Emprego relacionado cós contidos impartidos. Para elo, trabállanse actividades dirixidas a descubrir, avaliar, adquirir e consolidar ás capacidades  dos alumnos/as nas diferentes técnicas a impartir (reciclado de papel e outros obxectos cotiás, papeis de augas, elaboración artigos artesanais con papel reciclado, etc. ).

Nas instalacións da asociación Grumico na Coruña (o proxecto será xestionado directamente por COGAMI):

Unha acción en forma de obradoiros de informática e competencia social comprenderá a execución de distintas actividades encamiñadas os seguintes obxectivos:

a) Competencias  sociais                                                                  

-Adquirir habilidades básicas a hora de enfrontarse a un proceso  de busca ou selección de emprego igual que para o mesmo desempeño dun emprego: autocoñecemento, autoestima e seguridade nun mesmo, asertividade, habilidades de comunicación verbal e non verbal, manexo do estrés, creatividade,  reforzo de coñecemento sociais e culturais.      

-Definir os nosos obxectivos profesionais e laborais en función da nosa experiencia e formación.

-Deseño do plan de acceso ao emprego. Vías de acceso o emprego, ferramentas de busca e axenda para a busca.

-Aprender técnicas específicas para enfrontarse a un proceso de selección (entrevista, probas psicotécnicas).                                   

-Coñecer aqueles factores que inflúen na empregabilidade. O mercado de traballo local e os servicios públicos de emprego.                       

b) Obradoiro de informática

O obradoiro comprende a execución de distintas actividades encamiñadas á alfabetización dixital:                                             

-Como  crear unha conta de correo electrónico.                              

-Como buscar información  en Google.                                            

-Manexo básico de Word e PowerPoint.                                           

-Elaboración do currículo e carta de presentación.               

-Presentar unha autocandidatura online. Redes profesionais.          

-Recursos na web para a busca de emprego.                                  

Outros contidos a traballar de xeito transversal: habilidades sociais, técnicas de socialización, técnicas de comunicación, autoxestión...

Tamén se realizarán actividades complementarias aos obradoiros que posibiliten a correcta consecución dos obxectivos individuais a través dun seguimento individualizado da evolución e consecución dos obxectivos individuais.

PROXECTO Nº5 : FORMACIÓN EN HABILIDADES PARA O EMPREGO. MOS

Obxectivo: Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con Discapacidade maiores de idade residentes no ámbito de influencia do centro de COGAMI ten en Mos (Comarca do Baixo Miño e zonas limítrofes) co obxecto de mellorar  a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades socio laborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e socias das persoas beneficiarias.

De xeito concreto desenvolveranse os seguintes obradoiros prelaborais CRD co que COGAMI conta en MOS, dirixidos a grupos de 8 persoas participantes cunha duración media de 1 hora 10 minutos por sesión:

Obradoiro prelaboral de deseño e elaboración de artigos de agasallo e de decoración. (3 grupos de 8 participantes. Grupo 1: 107,30 horas; grupo2: 33,8 horas, grupo 3: 72,3 horas.)

Obradoiro prelaboral: Horta e xardín. 1 grupo de 8 participantes. 174 horas.


Obradoiro prelaboral de novas tecnoloxías e informática. Competencias básicas e mellora da empregabilidade a través das TICs. (3 grupos de 8 participantes. 109,6 horas o grupo 1, 72,3 horas o grupo 2, e 72,3 horas o grupo tres).

Obradoiro prelaboral. Preparación para obtención da certificación “Microsoft office specialist”. 1 grupo de 8 participantes. 44 horas.
Obradoiro prelaboral. Iniciación á cociña. 3 grupos de 8 participantes. (73,5 horas o grupo 1, 71.16 o grupo  2 e 36.16 o grupo 3)

Obradoiro prelaboral de produción audiovisual. 3 grupos de 8 participantes. (72,33 horas o grupo 1, 106,16 o 2, e 36,17 o 3).

Obradoiro prelaboral: Auxiliar de office e comedor. 1 grupo de 10 participantes. 184,5 horas.

Obradoiro de lavandaría, 1 grupo de 8 participantes. 72,33 horas.

Outros contidos: habilidades sociais, técnicas de socialización, técnicas de comunicación, autoxestión.

Actividades complementarias de atención individualizada que posibiliten a correcta consecución dos obxectivos individuais: Atención e seguimento pedagóxico individualizado (70 horas), terapia ocupacional (62 horas), fisioterapia (124 horas) e logopedia (62 horas).