![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Convocatoria: Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social, non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG núm. 111 do 13 de xuño de 2019).
Datas de Execución: 13/09/2019 a 15/09/2020
Participantes: 8 persoas con discapacidade (6 homes / 2 mulleres)
Descrición do Proxecto:
Deseño e desenvolvemento de itinerarios formativos individuais dirixidos a persoas con discapacidade maiores de idade residentes na comarca de Ferrolterra co obxecto de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e participación social a través da mellora das habilidades sociolaborais, das habilidades da vida diaria en tarefas orientadas a autoxestión, e das competencias comunicativas, lectoras e socias das persoas beneficiarias.
Cada unha das persoas beneficiaras contarán cun itinerario personalizado de apoio a participación social e a inserción laboral que inclúa como mínimo a súa participación en unha ou varias accións adaptadas as súas necesidades específicas, así poderá participar en actividades formativas que inclúan contidos relativos ao incremento das habilidades sociais nas actividades instrumentais da vida diaria (autoxestionarse, iniciativa persoal, toma de decisións), empoderamento da autoestima e autoconcepto (mellora na aparencia persoal, psicomotricidade, autonomía persoal,...) de cara á súa plena inclusión social.
De xeito concreto, desenvolveranse as seguintes accións formativas no centro de COGAMI en Ferrol:
- Formación básica: curso de inglés.
- Alfabetización e competencias clave
- Obradoiro de manualidades consistindo en obradoiro de artes creativas de cara a mellorar as capacidades tanto físicas como mentais a través da creación de pezas ornamentais con diferentes técnicas plásticas adaptadas as necesidades e demandas de cada persoa participante no obradoiro.
As tres actividades formativas traballan, paralelamente, o desenvolvemento de habilidades sociais e instrumentais de cara a promoción de autonomía persoal e capacitación da persoa con discapacidade de cara a adquisición de ferramentas e habilidades sociais para mellorar a súa participación e inserción sociolaboral.