
Este programa pretende fomentar o emprego xuvenil en Galicia, sobre todo dos colectivos específicos con dificultades de inserción, a través de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro.
COGAMI presentouse a esta convocatoria enmarcada dentro do Programa operativo de emprego xuvenil CCI2014ES05M9OP001 financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social e mailo Fondo Social Europeo.
Trala resolución, foron contratadas dúas persoas que se incorporarán nos centros de traballo que COGAMI ten en Medelo, Silleda e en Fingoi, Lugo. Estas dúas persoas son menores de 30 anos, están inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a “Mellora dos servizos de atención integral ás persoas con discapacidade”.
Podes descargar aquí o cartel.