O programa de Cooperación que anualmente convoca a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social posibilitou que tanto COGAMI como 32 das súas entidades membro puideran contar durante este ano con 54 persoas traballadoras, o que supón un apoio para os servizos que prestan.
Este tipo de programas de Cooperación están orientados a entidades sen ánimo de lucro, para que poidan fomentar o emprego a través da contratación de profesionais para desenvolver actividades a favor das persoas con discapacidade. Durante 12 meses ao 75% da xornada traballarán en COGAMI 9 persoas profesionais: catro persoas coidadoras, dúas persoas para o servizo de transporte (conductores/as), unha persoa para o servizo de limpeza, unha profesional da pedagoxía e outra da fisioterapia. As nove persoas prestan os seus servizos nos centros de recursos para persoas con discapacidade de COGAMI en Fingoi, Medelo, Monteporreiro e Mos.
O resto das persoas contratadas a través deste programa de Cooperación formarán parte dos cadros de persoal de entidades membro, sendo na provincia de A Coruña a Federación provincial COGAMI Coruña, Amarai, Íntegro, Ambar, Adisbismur, Misela, Acem Santiago, Acem Coruña, Alcer Coruña, Parkinson Galicia-Coruña, Grumico, A Xanela e Lirega; na provincia de Lugo a Federación de COGAMI-Lugo, A Mariña-COGAMI, Agora, Alcer Lugo e Auxilia Monforte; na provincia de Ourense as entidades Aixiña, Aodemper, Alcer Ourense, AGAL e Asdifica; e na provincia de Pontevedra a entidades beneficarias foron Avempo, Adapta, Vontade e Alcer Pontevedra. Ademais a nivel autonómico Acadar, AGFQ, Asem Galicia, Asotrame e AGL tamén incorporaron novas persoas traballadoras aos seus equipos grazas a esta liña de financiación.Os postos que desempeñarán serán como persoal de educación social, traballo social, contabilidade, psicoloxía, terapeuta ocupacional, auxiliar sociosanitario a domicilio, logopedia, actividades físico-deportivas, nutricionista, fisioterapia e coidadoras, entre outros.
Para poder optar a este contrato de Cooperación, as persoas interesadas deben cumprir con certos requisitos como estar apuntadas como demandantes de emprego no Servizo de Emprego Público de Galicia, ter a formación que se especifica para desenvolver o posto e non ter sido contratados/as por esta liña de financiación nas últimas tres convocatorias. Para a maioría das entidades, moitas delas con escasos medios, este reforzo de persoal permítenlles maior atención dos programas que realizan para a mellora da calidade de vida das súas persoas usuarias.
A data do inicio do servizo foi o 09/12/2023.
Duración: 12 meses.