Servizo de atención á muller con discapacidade

Servizo de atención á muller con discapacidade

Proxecto cofinanciado por:

      

Orzamento: 429.477,24€

Achega: 39.861,94€

COGAMI desenvolve ao longo do ano o SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA Á MULLER CON DISCAPACIDADE co obxectivo de dar resposta as necesidades específicas do colectivo a través do desenvolvemento deste servizo que, atendendo á realidade social e á situación obxectiva das mulleres con discapacidade, concentra as accións naquelas esferas que xeran máis factores de exclusión para as mulleres, determinando un menor grao de desenvolvemento persoal e social e unhas menores posibilidades de acceso normalizado ós dereitos, bens e servizos da comunidade. Así, neste servizo prestamos información, orientación e asesoramento, intervención coa persoa e coa familia cando é preciso a intervención coa mesma para que a muller poida acadar os seus obxectivos, intervencións individualizadas e colectivas dirixidas a mellora das habilidades sociais básicas e/ou a mellora de habilidade básicas para o emprego, e accións encamiñadas a que ás mulleres con discapacidade se introduzan no mercado laboral.

Podes ampliar información neste enlace.

ÓRGANO CONCEDENTE: Secretaría Xeral de Igualdade

CRÉDITO ORZAMENTARIO: 910.000 € + 429.477,24€ de ampliación de crédito.

As actuacións desta convocatoria están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80% no marco do programa operativo FSE GALICIA 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.3, obxectivo específico 9.3.1 e liña de actuación 120.