Importe total: 84.885, 08
Concedido: 59.419
Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES), en concreto no seu obxectivo temático operativo 9: promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
Resumo do proxecto: O proxecto ten como obxectivo o deseño, experimentación e validación dunha nova metodoloxía de traballo do Servizo de Intermediación laboral, co obxectivo último de mellorar os procesos de inserción laboral das persoas usuarias do noso servizo de emprego.
Dese modo, serán redefinidas as metodoloxías de acollida no servizo, de orientación para a mellora das competencias persoais, de prospección de emprego e de intermediación laboral. En relación á metodoloxía de orientación laboral, preténdese definir a realización dunha metodoloxía de análise da ocupabilidade en base ao cal elaborar, desenvolver e avaliar un plan de mellora individualizado.