Subvención a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

Subvención a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con data 22 de xullo ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, polo importe de 1703,68 euros á entidade COGAMI, para o fomento e realización de actividades de voluntariado.

A data do inicio do servizo é o 01/01/2020 e finaliza o 31/10/2020.

Importe da subvención concedida: 1703.68 euros

Duración: 10 meses.

Esta financiación permite que COGAMI desenvolva un Servizo de voluntariado, co obxectivo de fornecer a rede de voluntariado, mellorar a calidade das accións desenvoltas, e o grao de satisfacción das persoas voluntarias que colaboran connosco e así mellorar o impacto da rede en relación coa mellora dos niveis de participación social das persoas con discapacidade, desenvolvendo os seguintes programas:

• Actividades de coordinación e dinamización da rede de voluntariado.

• “Sumando na Rede “Actividades de sensibilización para o fomento da participación de persoas con discapacidade e persoas voluntarias.

• Programa de Formación de Voluntariado.