![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Desde o 1 de xaneiro de 2021 e ata o 30 de setembro do presente ano, a Secretaría Xeral de Igualdade ven financiando o Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade de COGAMI, co obxectivo de dar resposta ás necesidades específicas do colectivo tendo en conta a realidade social na que viven.
O Servizo presta información, orientación e asesoramento, intervención coa persoa e coa familia cando é preciso coa finalidade de que a muller poida acadar os seus obxectivos, intervencións individualizadas e colectivos dirixidas á adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da súa empregabilidade e accións encamiñadas a que as mulleres se introduzan no mercado laboral.
A través das accións realizadas de maneira personalizada e especializada coas mulleres con discapacidade, contribúese á consecución dos obxectivos vitais de cada unha delas para dotalas dunha maior autonomía e independencia coa fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral; así como previr e dotar ás mulleres de recursos persoais suficientes para afrontar posibles situacións de risco, adquirir un maior empoderamento persoal e promocionar a activación de cara á busca de emprego.
Para dar resposta a todas aquelas demandas de atención especializada a ditas mulleres durante nove meses de duración, COGAMI conta con traballadoras sociais en cinco centros de traballo: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo, a través dos cales se poderán beneficiar ao longo deste período máis de 60 mulleres con discapacidade.