Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social

Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social

COGAMI está a desenvolver nas oficinas de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Vigo, o Servizo de Apoio e Transición ao Emprego no  marco da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). DOG nº 90 do 11 de maio de 2020.

Cun financiamento de 51.779,86€, nos catro programas realízanse actuacións consistentes no deseño e implementación de itinerarios de Inclusión sociolaboral, no que se inclúen as seguintes actuacións:

• Diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social de cada participante.

• Acompañamento social e laboral.

• Accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

• Accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

• Prospección laboral activa.

• Intervencións de carácter grupal e individual de cara ao fortalecemento de competencias básicas para o emprego.

As persoas destinatarias son persoas con discapacidade, 50 en total. Dentro deste colectivo ademais, priorizarase a participación de:

1. Persoas con discapacidade perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia ou algunha persoas da unidade familiar.

2. Persoas con discapacidade / Unidades familiares perceptoras do ingreso mínimo vital.

3. Persoa con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

4. Persoas con discapacidade derivadas de equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios ou outras entidades sociais.