O proxecto INNO3D-SEN ten como finalidade apoiar ao profesorado e ao persoal terapeuta que traballa con alumnado con discapacidade e/ou Necesidades Educativas Especiais (NEE) nos ámbitos da educación para o emprego e da rehabilitación, reforzando as súas competencias a través da formación en tecnoloxía de impresión 3D, como ferramenta que pode facilitar o acceso aos curriculumns formativos, a través da impresión de produtos de apoio persoalizados.
![]() |
![]() |
A iniciativa pretende impulsar unha educación máis inclusiva e innovadora, promovendo o uso de ferramentas dixitais para crear axudas de rehabilitación personalizadas, que melloren a accesibilidade, a vida independente e a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade.
O proxecto alíñase coa Estratexia Europea para os Dereitos das Persoas con Discapacidade 2021-2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 4 e 9), contribuíndo á construción de sociedades máis equitativas, accesibles e sostibles.
Obxectivos
Principais grupos destinatarios
Directos:
Profesorado e persoal terapeuta que traballa no ámbito da rehabilitación e desexa adquirir novas competencias e mellorar a súa eficacia nas aulas de capacitación profesional.
Indirectos:
Estudantes de Formación Profesional (básica, media ou ocupacional) con discapacidade.
Estudantes de FP sen discapacidade, que participan en contornos inclusivos de aprendizaxe.
Actividades principais
Entidades participantes
Líder do proxecto: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Socias: E-Nable Greece (Grecia) e Limeup Issc (Italia).
Duración: 24 meses (decembro 2024 – novembro 2026)
Financiamento: Cofinanciado pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+
Número do Acordo de Subvención: 2024-1-ES01-KA210-VET-000247925.
Orzamento: 60.000 euros
Contacto: correo@cogami.gal
Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación reflicte unicamente os puntos de vista do autor, e a Comisión non se fai responsable do uso que poida facerse da información nela contida.