AEPEF visitará Galicia os días 30 e 31 de outubro para escoitar ás persoas con Paraparesia Espástica Familiar A Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar (AEPEF) visitará Galicia os próximos venres 30 e sábado 31 de outubro de 2026, coa participación da súa traballadora social e a colaboración da delegada territorial, María Jesús.
O obxectivo é achegarse ás persoas con PEF e as súas familias, coñecer as súas necesidades e propostas e construír unha asociación máis próxima e participativa.
Segundo demanda poderiase habilitar encontro en Lugo o sábado 31 de outubro pola mañá (require aviso previo das persoas interesadas)
O encontro principal terá lugar o venres 30 de outubro, ás 17.00 horas, no edificio aula de COGAMI, planta baixa, rúa Dublín, n.º 3, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
A invitación está aberta a todas as persoas con Paraparesia Espástica Familiar ou Hereditaria, así como aos seus familiares e persoas próximas. Non é necesario ser socio ou socia de AEPEF para participar
«Queremos escoitar as vosas experiencias, coñecer as vosas inquietudes e saber que apoios necesitades. Cada persoa ten unha historia e propostas que poden axudarnos a mellorar. A vosa voz conta e queremos construír xuntos o futuro da asociación».
AEPEF achégase aos seus 25 anos de traxectoria, que celebrará en 2027, traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con PEF, impulsar a investigación e defender os dereitos das persoas afectadas e as súas familias.
Anímase ás persoas interesadas a contactar previamente para facilitar a organización e confirmar a súa asistencia, tanto á comida como ao encontro da tarde.
Información e contacto• Correo electrónico: delegaciongalicia@aepef.org• Web: www.aepef.org• Instagram: @rede_informativa_galicia_aepef
Se tes PEF, queremos coñecerche. Sexas ou non parte de AEPEF, tes un lugar neste encontro. Contamos contigo!