• Lecer
  • 04 de octubre de 2017

A Xanela. Curso de Pilates

O método Pilates é un sistema de adestramento físico e mental  creado durante a Primeira Guerra Mundial por J. H. Pilates, en Inglaterra, nun campo de concentración. O seu obxectivo era mellorar a condición física dos soldados misturando os seus coñecementos sobre ximnasia, traumatoloxía e ioga. O método céntrase non desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral. É un método moi usado como terapia de rehabilitación e, por este motivo, forma parte da oferta de actividades da Xanela.

O noso obradoiro de Pilates, dirixido por unha monitora especializada, está destinado a mellorar a mobilidade, o equilibrio e a coordinación corporal dos nosos usuarios, reforzando a súa musculatura, forza e flexibilidade. A partir do día 4 de outubro, todos os mércores, de 10:30 a 11:30 horas, na Xanela (rúa Santiago s/n) poderás iniciarte neste adestramento físico e mental que te axudará a mellorar a túa condición física e a capacidade de concentración e control de teu corpo.

Para máis información 

981 45 24 16 

axanela@cogami.gal

A XANELA (Rúa Santiago s/n)