AVEMPO organiza o primeiro encontro dixital para falar de fisioterapia e esclerose múltiple


A Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (AVEMPO) inicia os actos conmemorativos do seu 25 Aniversario co proxecto de difusión e sensibilización sobre a esclerose múltiple. Baixo o título 25 Anos EM Compaña, a entidade ten programados dous encontros dixitais denominados EM en Compaña dos meus Fisioterapeutas e EM en Compaña das miñas Neurólogas ademais da webinar informativa EM en Compaña do meu Urólogo.

O primeiro encontro dixital EM en Compaña dos meus Fisioterapeutas será o 20 de abril ás 19:30 horas, onde catro fisioterapeutas compartirán a súa experiencia no tratamento da esclerose múltiple. Poderá seguirse en directo a través da conta de Facebook da asociación https://www.facebook.com/avempo ou en Zoom a través del link que la entidade publicará nas redes sociais que ten abertas: Facebook, Twitter e Instagram e tamén poderán enviar preguntas a través dos chats habilitados, sendo respondidas ao final do evento.

O obxectivo deste proxecto é visibilizar e sensibilizar sobre a coñecida como enfermidade das mil caras, polo que contará cun ton coloquial, dirixido a profesionais, estudantes de fisioterapia e familiares de persoas afectadas que queiran aumentar os seus coñecementos sobre a rehabilitación fisioterapéutica.