Teatro a favor de Liga Reumatolóxica Galega

O xoves 4 de xuño ás 19:00h, no Auditorio Afundación de A Coruña, Teté Delgado e Julio Pereira interpretan a obra "La Píldora de la Felicidad", unha comedia que promete desatar a risa e, o máis importante, vai colaborar coa Liga Reumatolóxica Galega, entidade que celebra 30 anos traballando polas persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas.

A venda de entradas pode realizarse pincando neste enlace 

Toda a recadación da venda de entradas destinarase a beneficio da Liga Reumatolóxica Galega, entidade que presta servizo, asesoramiento e apoio a persoas con enfermidade reumatolóxica, autoinmunes e transtornos asociados.