O próximo mércores 7 de Marzo levarase a cabo unha nova sesión do Taller de Pais e Nais de ASPANEMI, que como cada primeiro mércores de mes se celebra no local F do Local Social da Solaina, en Narón, a partir das 20:00.
Os obxectivos xerais da escola de pais e nais son os seguintes:
Neste Taller, que leva por nome “A Importancia da Atención Temperá", Ana García (psicóloga formada na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago) explicará con detalle a importancia e os obxectivos da Atención Temperá.
A Atención Temperá se define como o “Conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil de 0-6 años, á familia e ó entorno, que teñen por obxectivo dar resposta o máis pronto posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as nenas e os nenos con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñen o risco de padecelos.
Durante eses primeiros anos de vida o sistema nervioso presenta unha gran plasticidade e en consecuencia, asimila, procesa e integra con maior facilidade tódalas experiencias e sensacións podendo crear, gracias á denominada plasticidade neuronal, novas conexións neuronais e en maior número que en idades posteriores. Isto quere dicir, que as funcións que normalmente terían cabida nas zonas que están afectadas, poden ser desenvolvidas noutras zonas cerebrais.
É de vital importancia que se potencien e aporten tódolos recursos necesarios á intervención nesta corta etapa da vida xa que isto marcará moitas das súas funcións durante o resto das súas vidas. Estas intervencións deben considerar a globalidade da nena ou do neno e deben ser planificadas por un equipo de profesionais de orientación interdisciplinario.
O principal obxectivo da Atención Temperá é que os nenos e as nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento ou teñen risco de padecelos, reciban, seguindo un modelo que considere os aspectos bio-psico-sociais, todo aquilo que dende a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, escolar e social, así como a súa autonomía persoal.