COGAMI sensibiliza a escolares de cinco centros de A Pobra durante a semana da orientación

Do 24 ata o 28 de maio conmemórase a Semana da Orientación co que cinco centros escolares de A Pobra do Caramiñal ofrecerán charlas ao seu alumnado durante todos estes días.

COGAMI, en colaboración coa entidade estatal da que forma parte, COCEMFE (Confederación Española de Personas con  Discapacidad Física y Orgánica), será unha das entidades convidadas a participar nesta semana da orientación, onde a técnica en formación, Mª Jesús Bello, impartirá obradoiros de sensibilización sobre a discapacidade nos centros educativos CEP Pilar Maestú Sierra e os EEI Angustia, Fernández Varela, Granxa e Vilariño.

As  charlas programadas levan por título Aquí xogamos todas e todos que se impartirá nos centros Angustia, Fernández Varela e Vilariño. Outra charla, Todas e todos somos capaces, será desenvolvida para os cursos 1º, 2º, 3º e 4º do CEP Pilar Maestú Sierra. O día 27 de maio será o alumnado de 5º e 6º curso do Pilar Maestú Sierra quen asista a unha xincana inclusiva que leva por título Ponte no seu lugar.

Podes descargar neste enlace o programa.