COGAMI presenta todos os anos un proxecto ao programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á convocatoria do 0,7% do IRPF do imposto sobre a renda das persoas físicas da Xunta de Galicia.
Os programas, executados por COGAMI e as súas entidades membro, están dirixidos á atención a persoas con discapacidade, atopándose entre estes o programa de Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego,o de Atención Social Especializada en toda a comunidade autónoma, como é o caso dos que se levan a cabo en Fingoi (programa de Atención Integral e o programa de Atención Social ye Asesoramento Especializado), o de Atención Temperá, o programa de Lecer, Cultura e Deportes Inclusivos e o programa de Transporte Adaptado dos centros de recursos COGAMI de Mos, Monteporreiro, Fingoi e Medelo.
Ademais, nesta mesma orde tamén foron financiados varios proxectos de obra dirixidos a mellorar as instalacións dos centros de recursos para persoas con discapacidade das entidades Amarai, Aodem, Adisbismur, Ámbar, Agora ou o centro de recursos de COGAMI en Fingoi, así como a mellorar o servizo de transporte adaptado (que permitiu a compra de dúas novas furgonetas para os centros de Mos e Monteporreiro) e a primeira fase da construcción da nova sede de COGAMI.
En total máis de 2400 persoas con discapacidade benficiáronse directamente dos distintos programas.