Deputación Pontevedra

Deputación Pontevedra

A Deputación de Pontevedra financia cunha aportación de 40.000 euros o Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) para as persoas con discapacidade que ten COGAMI na provincia, concretamente nas cidades de Pontevedra e Vigo, prestándolle atención ao resto de comarcas.

Este programa ten como finalidade promover a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado de traballo a través do desenvolvemento dunha serie de accións encamiñadas á inserción socio-laboral, onde as persoas beneficiarias recibirán información, asesoramento, formación e capacitación para o emprego.

Actualmente, COGAMI presta servizo a máis de 5.000 persoas usuarias inscritas na provincia de Pontevedra, tendo en común este perfil: persoas paradas de longa duración, sen experiencia laboral previa, descoñecedora do mercado laboral, con idade avanzada para busca de emprego, escaso nivel formativo e con falta de confianza para atopar emprego.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou, na sesión do 6 de xuño de 2025, concederlle a COGAMI unha achega de 5.025,38 € para o proxecto Activando o rural - O empoderamento das mulleres con discapacidade a través da convocatoria de subvencións dirixidas entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2025 (BOPPO núm. 10 de 16 de xaneiro de 2025), que se leva a cabo desde o Servizo de Igualdade.

Coa implementación do proxecto acadouse o empoderamento das mulleres con discapacidade que viven no medio rural, mediante a realización das seguintes actividades: 

1. Orientación e información especializada sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social: 

Esta actividade tivo a función de prestar a primeira atención á muller, e planificar a resposta máis axeitada á súa demanda. Entre as accións adoptadas foron a resolución de consultas especializadas no eido da discapacidade, intervencións básicas do traballo social, información de todos os recursos e servizos dispoñibles para as mulleres con discapacidade na súa contorna.

2. Deseño e desenvolvemento de itinerarios personalizados de intervención social con acompañamento: 

Realizáronse entrevistas de avaliación inicial, deseño de itinerarios personalizados de intervención social con acompañamento, implementación daquelas accións contempladas nos itinerarios que foran competencia deste servizo ou acompañamento para o desenvolvemento daquelas accións que a persoa tivera que facer noutros servizos, seguimentos da evolución da intervención e a realización de obradoiros.

3. Obradoiros:  

Os contidos traballados estiveron relacionados co autoconcepto e autoestima, o autocoidado e a intelixencia emocional.

4. Asesoramento xurídico:  

Asesoramento xurídico principalmente cara á resolución de consultas de carácter legal.  

 

PROGRAMA “PROVINCIA + INCLUSIVA” 2025

Nome da convocatoria: Subvencións dirixidas a entidades sen fin de lucro para a promoción da accesibilidade universal, programa "PROVINCIA + INCLUSIVA” 2025.

IMPORTE RECIBIDO: 4.624,04 €.

ACCIÓNS REALIZADAS:

• Automatización da campá extractora mediante a instalación dun sistema manexable con mando a distancia e/ou integración cun dispositivo domótico tipo Alexa, que permita o seu acendido remoto e control por voz, así como a xestión das luces integradas.

• Instalación dunha alacena motorizada que permita o seu desprazamento automático (baixada e subida), facilitando o acceso ao contido.

• Modificación do mobiliario anexo para permitir a integración destes sistemas, garantindo a funcionalidade, seguridade e accesibilidade do espazo.