Fundación ONCE

Fundación ONCE

A Fundación ONCE colabora de xeito regular con COGAMI e as súas entidades membro a través das diversas convocatorias que promove.

Unha destas convocatorias, a denominada Convocatoria Xeral de Axudas, cofinancia anualmente a COGAMI e a ou seu movemento asociativo unha media de 20-25 proxectos por todo o territorio galego, supoñendo preto de 400.000€ anuais de financiación. A través desta convocatoria, fináncianse proxectos de actividade con varias liñas de actuación, como emprego, autonomía persoal, etc., e tamén de inversión, facilitando tanto o mantemento dos nosos servizos como das nosas instalacións ou bens.

Nos últimos anos, COGAMI obtivo financiación para o desenvolvemento de actividades e servizos especializados nos centros de recursos que ten en Fingoi, Medelo e Mos, ademais da prestación de servizos na comarca da Mariña Lucense. Outras melloras foron mediante as obras realizadas nas instalacións de Fingoi e Medelo, no servizo de transporte adaptado a través da adquisición de novos vehículos e a execución de varias fases de construción da nova sede de COGAMI.

Outras convocatorias anuais da Fundación ONCE destinadas ao desenvolvemento de formación para o emprego, permitiron nos últimos anos a impartición de cursos con temáticas diversas como o de Auxiliar de Comercio e Manipulación de Alimentos, Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais, Pintura e Imprimación, Controlador de Accesos e tamén de Actividades Auxiliares en Viveiros e Xardíns.

Como organismo intermedio de fondos europeos, Fundación ONCE xestiona, a través de convocatorias cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, os programas Operativos POISES e POEX 2014-2020. COGAMI tivo a oportunidade de desenvolver proxectos nestas convocatorias relativas á mellora da metodoloxía de traballo no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral  (SIL) e varias accións formativas que inclúen a realización de prácticas laborais.