Abrindo camiño: as mulleres gañan presenza en sectores tradicionalmente masculinizados de COGAMI Empresarial

A igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral continúa a ser un reto, especialmente en determinados sectores nos que a presenza feminina foi tradicionalmente menor. Conscientes desta realidade, as empresas que integran COGAMI Empresarial traballan para favorecer a incorporación de mulleres a postos nos que historicamente estiveron infrarrepresentadas.

Un dos exemplos máis visibles é o de Accede Social, onde se continúa impulsando a presenza de mulleres no ámbito da condución profesional, un sector tradicionalmente asociado aos homes. A incorporación de condutoras supón un paso máis cara á ruptura de estereotipos e á creación de novas referentes profesionais.

Outro exemplo é Dixardín, unidade especializada en xardinería, paisaxismo e mantemento de espazos verdes, onde tamén se promove a incorporación de mulleres a un sector no que a representación feminina segue sendo reducida.

Esta aposta pola igualdade vai máis alá da presenza das mulleres en determinados postos de traballo. COGAMI Empresarial continúa a desenvolver unha cultura organizativa baseada na igualdade de oportunidades, na valoración do talento e na eliminación de barreiras que poidan limitar o desenvolvemento profesional das persoas.

Nun Grupo Empresarial no que a diversidade forma parte da súa identidade, avanzar cara a equipos máis equilibrados e diversos contribúe a crear organizacións máis xustas, innovadoras e representativas da sociedade.

A través destas accións, COGAMI Empresarial reafirma o seu compromiso cun modelo empresarial sostible que integra a inclusión social, a igualdade de xénero e a creación de oportunidades para todas as persoas.

Galería de imaxes

Todas