Neste ano, ACADAR está a desenvolver nos concellos de Ourense, O Carballiño, Allariz, Chantada e Lalín a novena edición do ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego de Mulleres con Discapacidade Física e Orgánica’, co obxectivo de fomentar a súa participación activa na sociedade, mellorar a súa empregabilidade e garantir o pleno exercicio dos seus dereitos.
Impulsado polo programa Incorpora da Fundación “la Caixa”, o Programa cumpre a súa novena edición promovendo a autonomía, a participación e os dereitos das mulleres con discapacidade.
Ademáis de en Galicia, o Programa estase a desenvolver noutras comunidades autónomas como Andalucía, Aragón, Madrid, Navarra, Murcia ou Estremadura, contribuindo de forma activa ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, especialmente o ODS 5, centrado en lograr a igualdade de xénero e apoderar a todas as mulleres e nenas, e o ODS 10, orientado a reducir as desigualdades e promover a inclusión social, económica e política das persoas con discapacidade.
”Dende ACADAR temos como prioridades a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa participación en todos os ámbitos da sociedade” afirma a presidenta da Asociación, Mónica Álvarez, destacando a necesidade de “facer fronte as discriminacións que lles afectan en diferentes áreas da súa vida, especialmente en aquelas esenciais para a construción dun proxecto de vida propio, como é o caso do acceso e permanencia no mercado laboral”.
No ano 2024, un total de 87 mulleres con discapacidade dos concellos de Ourense, O Carballiño, Allariz e Lalín, participaron no ‘Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego de Mulleres con Discapacidade Física e Orgánica’, o que permitiu despregar unha ampla batería de actuacións orientadas á súa autonomía e mellora da empregabilidade. Foron máis de 260 horas de atención individualizada, 6 participantes alcanzaron a inclusión laboral e impartíronse máis de 100 horas de sesións grupais centradas en apoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización dixital.
Máis do 60 % das participantes asistiron a estes talleres grupais, que non só fortaleceron competencias clave para a súa inserción laboral, senón que tamén ofreceron espazos seguros para a participación social, o crecemento persoal e a inclusión activa na súa contorna.
As mulleres con discapacidade interesadas en participar no Programa de Apoderamento e Activación para o Emprego poden poñerse en contacto con Diana Valeiras, a través do correo electrónico igualdad.ourense@cocemfe.es e no teléfono 617 101 436
A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE) é unha ONG sen ánimo de lucro constituída en 1980. O seu propósito é conseguir unha sociedade inclusiva que garanta o exercicio pleno dos dereitos das persoas con discapacidade física e orgánica. Coordina, representa e impulsa ao Movemento Asociativo de persoas con discapacidade física e orgánica en España, formado por 91 entidades estatais, autonómicas e provinciais, que á súa vez representan a máis de dous millóns e medio de persoas con discapacidade e aglutinan a máis de 1.600 asociacións.
O programa Incorpora da Fundación ”la Caixa” ten como obxectivo principal promover a inclusión laboral das personas en risco de exclusión social. Dende a súa posta en marcha en 2006, máis de 438.000 personas en situación de vulnerabilidade conseguiron un emprego a través de Incorpora. Esto foi posible grazas ao traballo en rede das cerca de 500 entidades sociais e a colaboración de máis de 96.000 empresas socialmente responsables de sectores diversos que ven no programa unha oportunidade para impulsar a responsabilidade social corporativa en integración laboral.