A asociación ADISBISMUR realiza melloras nas instalacións do seu centro ocupacional de Valadares

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) está a levar a cabo obras de mellora nas instalacións do centro ocupacional que ten situado en Valadares, no concello de Outes.

Co fin de evitar as filtracións de humidades polas paredes exteriores do centro coa conseguinte perda de calor provocada pola falta de illamento, a entidade está a tratar todas as fachadas do centro, para protexer a temperatura interior co seu conseguinte aforro de enerxía.

Estas obras de remodelación son posibles a través do cofinanciamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia que xestiona os fondos do 0,7% do IRPF de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese xeral cando fixeron a declaración da renda.

As melloras na fachada do centro beneficiarán ás 52 persoas usuarias que acoden de luns a venres a estas instalacións para recibir unha formación académica, laboral  e de desenvolvemento persoal co fin de lograr unha mellor autonomía persoal.

Galería de imaxes

Todas