A asociación AGORA mellora as instalacións da vivenda tutelada e do centro de atención diúrna con fondos do IRPF

A asociación AGORA mellora as instalacións da vivenda tutelada e do centro de atención diúrna con fondos do IRPF

 Descarga a nota en word

A Asociación AGORA de Persoas con Discapacidade da Comarca de Lemos continúa co seu compromiso de mellorar as instalacións e servizos que ofrece ás persoas usuarias. Recentemente, acometeu obras para renovar a cociña das vivendas tuteladas que xestiona en Monforte, garantindo un espazo máis funcional e accesible para as persoas residentes.

Ademais, adquiríronse cadeiras de oficina e repousapés para mellorar a ergonomía dos postos de traballo de profesionais do centro de atención diúrna, promovendo o benestar e a saúde no entorno laboral.

Estas actuacións, cun investimento total de 12.468,01 €, foron levadas a cabo cos fondos procedentes do 0,7% do IRPF a través do recadro 106 de Actividades de Interese Xeral para Fins de Carácter Social, tamén coñecida como X Solidaria, xestionados pola Xunta de Galicia.

Con estas melloras, a Asociación AGORA reafirma o seu compromiso coa accesibilidade universal, a confortabilidade dos seus espazos e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola Axenda 2030. A entidade mantén unha aposta decidida pola calidade dos programas e actividades que oferta á comunidade.

Galería de imaxes