A Asociación Galega de Fibrose Quística impulsa a autonomía e o benestar de 76 persoas nun programa de atención especializada

 Dscarga a nota en word


A Asociación Galega de Fibrose Quística está a desenvolver un proxecto clave para mellorar a calidade de vida das persoas con esta patoloxía e das súas familias. Esta iniciativa, beneficiaria do Programa de atención especializada para persoas con discapacidade, conta cun financiamento de 12.000 € procedente da convocatoria de subvencións destinadas a programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF daquelas persoas que marcaron o recadro de actividades de interese social, coñecido como X Solidaria, que xestiona a Xunta de Galicia.

A través deste financiación, foi posible a contratación dun fisioterapeuta especializado que ofrece sesións de fisioterapia respiratoria e exercicio físico a pais e nais de menores con fibrose quística e a persoas mozas e adultas, co obxectivo de ensinar as técnicas correctas de fisioterapia e promover a súa autonomía persoal. A entidade conta tamén cunha traballadora social que ofrece apoio, asesoramento e orientación ás persoas con fibrose quística e familiares, axudándoas a afrontar os retos cotiás desta enfermidade.

En total, 76 persoas beneficiáronse deste programa, que subliña a importancia de reforzar os servizos especializados para mellorar a calidade de vida e fomentar a inclusión social das persoas con discapacidade. Esta iniciativa reflicte o compromiso da Asociación Galega de Fibrose Quística coas necesidades das familias afectadas e evidencia o impacto positivo da X Solidaria no desenvolvemento de programas fundamentais para o benestar social.

Galería de imaxes

Todas