Durante o ano 2023, COGAMI realizou un intenso labor de concienciación, sensibilización e información a través das redes sociais que ten abertas a Organización nas plataformas Facebok, Twitter, Linkedin e Instagram, en COGAMI Social e en COGAMI Empresarial. Todas estas redes superan as 35.939 persoas seguidoras.
As redes sociais abríronse hai catorce anos para publicar contidos cos que se pretende contribuír na creación dunha sociedade máis tolerante e igualitaria en dereitos. Con estes obxectivos publicáronse durante 2023 máis de 1.287 contidos que obtiveron máis de un millón de visualizacións por parte das persoas seguidoras.
Entre os contidos publicados resaltamos a campaña #SomosCOGAMI para visibilizar e reivindicar a participación social das persoas con discapacidade, na que cada mes publicouse un vídeo acompañado dunha nota de prensa na que se recollían diferentes demandas, como a inlusión, a accesibilidade, os dereitos das mulleres e nenas con discapacidade, entre outras.
As redes sociais de COGAMI difundiron outras 23 campañas, tanto de apoio do noso movemento asociativo como tamén de entidades do terceiro sector, para compartir a causa común que, en definitiva, defendemos como compromiso coa inclusión.