Acordo entre COGAMI e a Deputación de Lugo para apoiar a implantación do modelo AICP en Fingoi

COGAMI vén de asinar un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para a posta en marcha no centro de atención diúrna de Fingoi do modelo de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP), que permite unha atención máis individualizada e baseada nos dereitos.

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, formalizaron no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración que permitirá implantar este modelo AICP cun enfoque que sitúa a persoa no centro da intervención e garante o seu protagonismo nas decisións que afectan á súa vida.

COGAMI instaura no Plan Estratéxico 2023-2026 como un dos obxectivos esta nova metodoloxía baseada na Atención Integral Centrada na Persoa (AICP), significa que hai un cambio de enfoque que sitúa ás persoas no centro de calquera proceso de atención ou intervención, tendo en conta as súas necesidades, desexos, preferencias e dereitos. En vez de adoptar unha perspectiva xeneralizada ou uniforme, a AICP trata de adaptar a atención e os servizos á realidade e circunstancias individuais de cada persoa. É dicir, recoñecen a singularidade de cada individuo, respecta os seus dereitos e desexos, e busca ofrecer unha atención máis humana e individualizada.

Galería de imaxes

Todas