Alcer impartiu obradoiro sobre cociña renal saudable en A Coruña

Alcer impartiu obradoiro sobre cociña renal saudable en A Coruña

Persoas con enfermidade renal crónica e familiares déronse cita no Centro Cívico de Monelos, en A Coruña, para participar nun obradoiro teórico práctico de nutrición e cociña. Dentro do proxecto Come con Alcer, esta entidade pretende mellorar a alimentación e a calidade de vida das persoas con enfermidade renal en todas as fases da enfermidade.

Unha profesional experta en nutrición ofreceu consellos clave para levar a cabo un menú equilibrado que contén todo tipo de alimentos e nos que se aposta polos de tempada, polo seu sabor intenso e prezo máis accesible.

As receitas, adaptadas ás necesidades das persoas con enfermidade renal, con ingredientes baixos en fósforo e potasio, incluíu un menú de verduras crocantes, espaguetes cunha suave salsa de brócoli e, como doce final, unhas torradas con melocotón asado en conserva.