Co fin de mellorar o coñecemento sobre diferentes patoloxías vasculares periféricas, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, xunto á Asociación Galega de Linfedema, Lipedema e Insuficiencia Venosa Crónica e outras patoloxías vasculares periféricas (AGL) e Asociación de Afectadas de Lipedema de España (Adalipe), presentaron unha campaña pioneira en España.
Esta iniciativa conxunta levarase a cabo en todas as farmacias da provincia de Pontevedra. Ofrecerán información a aquelas persoas que poidan ter estas patoloxías se sabelo, de maneira que poidan coñecer e saber identificar os síntomas e acudir a unha consulta médica para o diagnóstico e tratamento.
Aseguran que moitas persoas afectadas de linfedema e lipedema non están diagnosticadas, non reciben información correcta sobre a enfermidade, contan con longas listas de espera ou problemas para acceder a un tratamento intensivo que inclúa o necesario mantemento, forzando a que costearse a atención médica.
A través desta campaña, profesionais do sector das farmacias resolverán dúbidas e fomentarán a derivación a entidades de referencia como é o caso de AGL.