Podes descargar a nota en word
Durante este primeiro semestre do ano 2024, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) levou a cabo 28 cursos nos que se formaron un total de 231 persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual. O 52% das persoas formadas son mulleres e o 48% homes.
O programa de formación de COGAMI está adaptado ás necesidades e capacidades das persoas con discapacidade así como ás necesidades do mercado laboral. Coa impartición destes cursos, dende COGAMI preténdese capacitar ás persoas en competencias que favorezan o seu desenvolvemento persoal e social, así como a incorporación ao mercado de traballo. No que vai de ano, o 31% das persoas formadas logrou a inserción laboral.
A área de Formación de COGAMI leva a cabo o seu programa en diversos concellos galegos. Durante este semestre, na comarca de Ferrolterra formáronse 47 persoas nos cursos impartidos de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Atención ao cliente, Mantemento básico de limpeza en instalacións e Control de acceso.
Foron 21 persoas da comarca de Santiago as formadas en Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais e Reciclaxe e tratamento de residuos no marco da economía circular mentres que en A Coruña foron 32 as persoas que participaron nos cursos de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Actividades auxiliares de Almacén, Control de acceso e Técnicas administrativas.
Na provincia de Lugo 26 persoas formáronse nos cursos de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Taller Traballando en Dixital (2), Actividades auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinería e Limpieza nas Vías Públicas. O concello de Monforte de Lemos acolleu a formación de Alfabetización dixital.
Polas instalacións que COGAMI ten en Vigo pasaron 22 persoas para asistir presencial a algunha das actividades formativas impartidas sobre Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Competencia matemática N2. E en Pontevedra as persoas formadas foron 30 e as temáticas dos cursos sobre Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, Ofimática sobre Aplicacións informáticas de xestión, Atención ao cliente e Control de acceso.
As instalacións de COGAMI en Ourense acolleron os cursos de Comunicación en lingua castelá N2, Comunicación en lingua galega N2, Atención ao cliente e calidade no servizo nas que se formaron 53 persoas e outro curso impartido nesta provincia foi sobre Alfabetización dixital que se celebrou en O Carballiño.
De todas estas persoas que pasaron polas aulas de COGAMI, 73 lograron xa a inserción laboral, sendo a oficina de Pontevedra, con 20 persoas a que acadou o maior resultado de incorporación ao mercado de traballo, seguida da de Ourense con 15 persoas inseridas, Ferrol con 10, en A Coruña foron 9, 8 persoas en Lugo e Santiago e 3 persoas das formadas por COGAMI este ano foron inseridas na oficina de Vigo.
Estas formacións, que no seu conxunto ofreceron 6.059 horas lectivas, contan co apoio de organismos públicos e privados como son a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o Fondo Social Europeo, Fundación ONCE e Fundación “la Caixa”.
PES DE FOTOS DE ESQUERDA A DEREITA E DE ARRIBA A ABAIXO
Alumando coa profesora do curso de COGAMI sobre Reciclaxe e tratamento de residuos impartido en Santiago
Alumnado do curso de Alfabetización dixital impartido por COGAMI en O Carballiño
Alumnado curso de Competencia matemática impartido por COGAMI en Vigo
Curso de COGAMI en Pontevedra de Control de acceso
Curso en Monforte de Lemos de Alfabetización dixital 2
Remate do curso de O Carballiño
Profesor e alumnado curso de COGAMI de Actividades auxiliares de almacén en A Coruña