COGAMI incrementa nun 4% o número de persoas inseridas no mercado laboral con respecto ao semestre do exercicio anterior

COGAMI incrementa nun 4% o número de persoas inseridas no mercado laboral con respecto ao semestre do exercicio anterior

 Descarga a nota en word.

O servizo de Emprego de COGAMI analiza os resultados de inserción laboral para persoas con discapacidade do primeiro semestre deste ano 2024, destacando un lixeiro ascenso con respecto ao exercicio anterior dun 4,22%.

Os datos revelan a incorporación laboral dun total de 889 persoas en Galicia, todas en posesión do certificado de discapacidade con grao do 33% como mínimo ou co certificado de incapacidade permanente total que concede a Seguridade Social para a profesión habitual. O contacto directo co empresariado a través da sensibilización, información e visitas a empresas incide en que 66% destas persoas inseridas fixérao nunha empresa ordinaria.

“Estase fomentando que o tecido empresarial galego incorporen a persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. Si é certo que hai un repunte no número de persoas inseridas pero estas incorporacións son de menor calidade porque estamos vendo que se están a dar moita contratación parcial”, indica Mari Carmen Ínsua Fabeiro, coordinadora do Servizo de Emprego de COGAMI.

En canto ao resumo destas insercións, segundo as oficinas que ten COGAMI localizadas nas sete cidades galegas, na de A Coruña inseríronse 176 persoas cunha media do 67% en empresa ordinaria; 125 en Ferrol das que o 79% foi na empresa ordinaria; das 143 persoas que atoparon traballo en Santiago de Compostela o 57% fíxoo na empresa ordinaria; 81 insercións foron a través da oficina de Lugo das que o 62% foi na empresa ordinaria; 127 en Ourense cun 74% de insercións en empresa ordinaria; en Pontevedra foi o 59% das 142 persoas inseridas na empresa ordinaria mentres que en Vigo foi o 65% das 95 persoas incorporadas no mercado laboral na empresa ordinaria. O resto das persoas inseridas fixérono en empresas de protexidas que veñen sendo iniciativas empresarias sen ánimo de lucro.

Unha media do 8,21% das persoas que se inseriron no mercado laboral son persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, un dato que, en palabras de Mari Carmen Ínsua “Dende a nosa Organización promovemos a inserción de persoas cun alto grao de discapacidade porque queremos incorporar ao mercado de traballo a estas persoas que teñen máis complexa esta incorporación laboral”.

COGAMI conta cun equipo formado por máis de 50 orientadoras e orientadores laborais e axentes de emprego que fan labores de intermediación, orientación e prospección de emprego. Neste primeiro semestre realizaron 4.037 orientacións tanto a persoas que xa son usuarias do servizo como a novas incorporacións que entran a formar parte dunha bolsa de emprego que contempla actualmente 17.380 persoas inscritas como demandantes de emprego: 3.147 inscritas na oficina de A Coruña; 2.020 na de Ferrol; 2.539 en Santiago; 1.616 en Lugo: 2.080 en Ourense; 3.043 en Pontevedra e 2.935 persoas inscritas na bolsa de emprego de Vigo.

Ademais da atención directa coa persoa, dende o servizo de Emprego existe contacto directo co empresariado, realízanse visitas a empresas como as 126 novos contactos establecidos durante este semestre para fomentar a incorporación de persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. Ourense con 28 e Ferrol con 26 foron as oficinas que lideraron as visitas, seguidas de 22 en A Coruña, Vigo con 19, Santiago con 14, 11 en Lugo e 9 en Pontevedra. Ademais destas novas incorporacións é importante seguir mantendo o contacto coas xa coñecidas como se fixo nos 2.260 seguimentos realizados ás empresas xa coñecedoras de COGAMI.

PÉ DE FOTOS:

foto 1: Equipo de profesionais en orientación laboral e axentes de emprego de COGAMI.

foto 2: Equipo de profesionais en orientación laboral e axentes de emprego de COGAMI.

foto 3: Orientadora laboral de COGAMI con persoa usuaria.

Galería de imaxes