Entrega de diplomas para alumnado do curso de limpeza hospitalaria impartido por COGAMI en Pontevedra

Entrega de diplomas para alumnado do curso de limpeza hospitalaria impartido por COGAMI en Pontevedra

Descarga nota

COGAMI vén de rematar con éxito unha acción formativa sobre limpeza hospitalaria na que participaron 11 persoas con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida. O alumnado, composto por 6 mulleres e 5 homes de idades comprendidas entre os 20 e os 60 anos, procede dos concellos de Forcarei, A Estrada, Moraña, Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, Poio, Marín e Bueu.

O curso tivo unha duración total de 65 horas, das cales 25 horas foron de contido teórico e as restantes 40 horas foron de prácticas profesionais en empresas colaboradoras como Quirón Salud, Saraiva, DomusVi e Diaverum.

Programa Máis Emprego

Esta formación enmárcase no programa de inserción sociolaboral Máis Emprego que COGAMI desenvólvese en Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo, co fin de lograr a inclusión laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade.

Financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, este programa destaca por ofrecer formación especializada e itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, dotando ás persoas de competencias profesionais en sectores con alta demanda como o sociosanitario. A combinación de contido teórico e experiencia práctica permite ao alumnado adquirir habilidades reais e facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

Galería de imaxes