Luz verde á tarxeta europea da discapacidade que asegura trato preferente nos 27 países que conforman a Unión Europea

Luz verde á tarxeta europea da discapacidade que asegura trato preferente nos 27 países que conforman a Unión Europea

A presidencia do Consello da Unión Europea pechou un acordo coas persoas negociadoras do  Parlamento Europeo sobre a directiva para establecer a tarxeta europea de discapacidade e a tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.

A tarxeta europea da discapacidade está pensada para reforzar os dereitos das persoas con discapacidade que viaxen dentro da Unión Europea, garantindo o seu acceso a condicións especiais e trato preferente no transporte ou asistencia a espectáculos. A tarxeta europea de estacionamento garantirá que as persoas con discapacidade poidan utilizar prazas de estacionamento e servizos reservados en todos os países da UE.

Modelo de tarxetas facilitado pola UE

As tarxetas europeas de discapacidade serán en formato físico e dixital, ademais de accesible, sendo responsables de expedilas as autoridades dos estados membro e renovarase gratuitamente, salvo no caso de perda ou dano. Os estados membro poden optar por cobrar unha taxa relacionada cos custos administrativos da emisión ou renovación da tarxeta europea de aparcadoiro. Co fin de evitar fraudes, tanto a tarxeta de discapacidade como a de aparcadoiro conterán un código QR.

Ademais de España, esta tarxeta poderá ser usada en Bélxica, Bulgaria, Chequia, Dinamarca, Alemaña, Estonia, Irlanda, Grecia, Francia, Croacia, Italia, Chipre, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Hungría, Malta, Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia e Suecia.