Máis de 400 persoas da provincia de A Coruña participaron no proxecto Servizo de atención do impacto sobre o proxecto de vida a persoas con enfermidade renal crónica e familiares que a entidade Alcer Coruña desenvolveu durante o ano 2023 nos concellos de Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Narón, Oroso, Cee e Ribeira.
Presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e financiado por Fundación ONCE, este programa busca mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica. Para conseguilo, realiza intervención social individualizada, formenta a autonomía persoal e a participación social, e mellora a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica.
A través deste proxecto de atención, conseguiuse dar cobertura ás necesidades psicosociais das persoas con enfermidade renal que se atopan en predíalise (ERCA) ou en algún tratamento renal substitutivo como hemodiálise, diálise peritoneal ou transplante.
Cando a unha persoa lle diagnostican enfermidade renal crónica, a súa vida persoal e familiar rexistran cambios vinculados á participación social, na vida laboral, ten que contemplar novos hábitos de alimentación e adoitan aparecer dificultades económicas que condicionan a percepción da calidade de vida vinculada á saúde e o benestar das persoas usuarias.
Dende Alcer Coruña, búscase favorecer o desenvolvemento das capacidades físicas para manter as capacidades funcionais e reducir os procesos dexenerativos, ademais de proporcionar información, orientación e/ou asesoramento sobre os recursos sociais existentes, promover a adquisición e mellora de habilidades sociais, formativas e prelaborais de persoas con discapacidade e promover a mellora da calidade de vida e a participación social das persoas con discapacidade a través de actividades deportivas e de lecer na contorna próxima da persoal.