Manifesto 25 N

A violencia de xénero dixital é unha das caras máis descoñecidas da violencia machista. Vulnera de maneira directa os nosos dereitos, a nosa liberdade e a nosa seguridade dentro da vida pública e a dixital. COGAMI únese a ACADAR e CEMUDIS para poñen o foco na escalada desta violencia que traslada as agresións verbais e psicolóxicas do mundo físico ó entorno virtual, onde se engrandecen e amparan baixo o paraugas do anonimato.

O impacto desta forma de violencia dixital non se limita á inmediatez da agresión; a súa difusión, permanencia e alcance multiplican as súas consecuencias, xerando un dano maior, aillamento e exposición cara as mujeres e nenas con discapacidade. 

Segundo o Informe da Asociación Stop Violencia de Género Digital, soamente no primeiro trimestre de 2025 atendéronse a 496 personas, das cales, un 70-75% foron mulleres, o que significa que somos o grupo poblacional máis exposto a esta nova cara da violencia de xénero.

As formas que adopta esta violencia son múltiples: ciberacoso, sextorsión, doxing, grooming, suplantación de identidade, difusión de imaxes íntimas sen consentimento, e o preocupante auxe do uso das deepfakes sexuales, onde o 90% dos casos detectados son pornográficos e mayoritariamente dirixidos contra mulleres.

A xeolocalización, integrada en apps cotiás coma Whatsapp, mapas ou servizos de "atopar o meu dispositivo", convirtese nunha ameaza invisible cando se usa sen o consentimento ou baixo presión, permitindo o control silencioso de desplazamentos e rutinas. A líña entre a seguridade e o control difumínase cando esta práctica se leva a cabo mediante a manipulación.

No caso das mulleres e nenas con discapacidade, súmanse riscos específicos derivados da exposición dixital, e das barreiras estruturais e sociais que agravan esta violencia. Así o recolle a Guía de violencia sexual dixital cara a nenas e mulleres con discapacidade, publicada por ACADAR, que visibiliza cómo estas violencias non só afectan a nosa seguridade, senón tamén ás nosas oportunidades de participación social, acceso a dereitos e representación nos espazos públicos e dixitais.

Para as mulleres e nenas con discapacidade, sumar esta violencia dixital á discriminación interseccional e ó sesgo tecnolóxico aumenta a situación de vulnerabilidade. A Fundación CERMI Mujeres destaca que o deseño de tecnoloxías con sesgos machistas e capacitistas intensifica a nosa exclusión, e a presenza de únicamente un 12% de mulleres no desenvolvemento da IA agrava esta realidade.

O estudo ODISMET revela que as mulleres con discapacidade viven acoso sexual dixital, ameazas e control en proporcións maiores á media, afectando directamente a nosa autoestima e a nosa liberdade de expresión. A violencia de xénero dixital non é unha experiencia illada, ten consecuencias devastadoras na saúde mental, a seguridade e a participación pública.

Por isto, a protección efectiva cara á violencia —dixital ou física— debe ser unha prioridade real. Os recentes fallos detectados no sistema de pulseiras telemáticas de control de agresores, coma errores na xeolocalización, perda de datos ou alarmas defectuosas, poñen en evidencia a fraxilidade dos mecanismos actuais e a desprotección na que quedan moitas mulleres, especialmente aquelas con discapacidade. Esta realidade demostra que non chega con lexislar ou crear ferramentas: é imprescindible que os poderes públicos asuman a súa responsabilidade, asegurando que os sistemas de protección sexan accesibles, fiables e estean correctamente implementados. A neglixencia institucional non pode formar parte do proceso de recuperación de quenes xa viviron violencia.

A violencia dixital está tamén vinculada á circulación de material audiovisual e contido sexual falso que busca difamar, desacreditar e silenciar a mulleres activistas, profesionais e líderes. Estas prácticas non só multiplican a vulnerabilidade das mulleres con discapacidade nos espazos públicos, senón que constitúen un mecanismo de control e exclusión. O seu impacto é demoledor: destrúe a reputación, erosiona a credibilidade, empurra ao illamento social e deixa graves secuelas psicolóxicas, perpetuando así un entorno hostil que nos nega o dereito a participar en igualdade na vida pública e dixital.

A IA (Intelixencia Artificial), a pesar de ofrecer oportunidades para a inclusión, baixo un deseño sen regulación firme, segue representando e reproducindo prexuizos do mundo patriarcal e capacitista, fortalecendo así a exclusión e a discriminación cara as mulleres e niñas con discapacidade. Por isto é urxente que as políticas públicas vixilen o desenvolvemento tecnolóxico para garantir que se atendan as diversidades de todos os grupos poblacionais.

Dende ACADAR instamos a que se desenvolvan marcos lexislativos claros que regulen a IA, pois a súa falta de control abre a porta a novas formas de violencia e discriminación contra as mulleres e nenas con discapacidade. Regular a IA non é só unha cuestión técnica: é unha cuestión de xustiza social, de equidade e de dereitos humáns.

Reclamamos datos inclusivos, comunicados accesibles, formación dixital e espazos de gobernanza compartida. Só cunha estratexia feminista e con perspectiva de discapacidade poderemos garantir unha vida dixital libre de violencias e desigualdades. 

Por todo isto, ACADAR, CEMUDIS e  resto de entidades confederadas como COGAMI, reivindicamos: 

  • Promover o recoñecemento xurídico integral da violencia de xénero dixital, dende unha perspectiva interseccional, e dotalo de suficientes recursos para a súa prevención atención e xusta sanción.
  • Incorporar de maneira transversal a discapacidade nas políticas públicas de igualdade e no desenvolvemento tecnolóxico, para garantir que non se continúe a deixarnos á marxe na transformación dixital.
  • Garantir o acceso universal a unha educación dixital feminista e inclusiva, concebida coma un instrumento fundamental para a prevención de violencias, o empoderamento persoal e colectivo, e o exercicio dunha ciudadanía plena. 
  • Crear mecanismos rápidos, eficaces e accesibles para denunciar e eliminar contidos sexuais e/o violentos difundidos sen consentimento, que hoxe en día seguen dañando abusivamente a miles de mulleres. 
  • Certificar e garantir espazos dixitais seguros, onde mulleres e nenas con discapacidade podamos participar, expresarnos e construir comunidade sen medo á violencia nin á exclusión social. 
  • Garantir a eliminación de contido dixital accesible en internet que fora empregado coma medio para exercer violencia dixital mediante ferramentas e canais de denuncia accesibles, permitindo a reconstrucción da identidade dixital.
  • Incluir formación sobre conductas adictivas asociadas ó desenvolvemento de novas tecnoloxías e violencia de xénero dixital nos programas educativos formais e non formais dirixidos ó profesorado, alumnado e familias.
  • Asegurar a conexión e o acceso tecnolóxico en condicións de igualdade, con especial atención ás mulleres e nenas con discapacidade que viven en zonas rurais, quenes enfrentan unha dobre brecha: a territorial e a dixital. 
  • Revisar e mellorar os sistemas de protección fronte á violencia de xénero para garantir que sexan accesibles, funcionais e adaptados ás necesidades de todas as mulleres, con especial foco nas mulleres con discapacidade. A nosa seguridade non pode depender de fallos ou incidencias. A protección é un dereito, non unha opción.
  • Establecer protocolos de protección relativos ó uso abusivo da xeolocalización, incluindo detención, rastreos non consentidos, garantindo accesibilidade para mulleres e nenas con discapacidade.
  • Implementar campañas e formación en autonomía tecnolóxica para identificar sinais de control dixital vinculadas á xeolocalización, con materiais accesibles e enfoque interseccional. 
  • Reforzar o papel das entidades sociais en materia de sensibilización, prevención e apoio directo a mulleres e nenas con discapacidade víctimas de violencia dixital, así como a súa contorna e os axentes sociais, dotándoas de recursos suficientes e estables para esta labor social. 

A violencia dixital é violencia de xénero e supón unha ameaza directa para o exercicio dos nosos Dereitos Humanos. Por iso, dende ACADAR exixen compromiso, políticas firmes, controis tecnolóxicos e un pacto social que defenda a todas as mulleres e niñas con discapacidade, para construir unha sociedade dixital segura, accesible e libre de sesgos patriarcales.

Porque o virtual tamén é real. E previr a violencia dixital é responsabilidade de todas as persoas

Galería de imaxes

Todas